Qué é a EGM?

¿Que é a EGM?

 

A Estratexia Galega de Mobilidade, EGM, é unha ferramenta para a coordinación das políticas públicas en materia de mobilidade en Galicia que elabórase para dar resposta ás principais problemáticas que se detectan trala análise de mobilidade que realiza día a día a poboación galega.

É un instrumento que permitirá saber que debemos mellorar e como será a mellor forma de facelo, para garantirlle aos galegos e galegas un deseño de solucións de mobilidade adaptado ás súas necesidades de desprazamento.

A meta da EGM é:

Transformar o modelo de mobilidade en Galicia co obxectivo de pasar a un máis funcional, máis sostible medioambiental e economicamente e máis seguro, apoiándose para iso na innovación tecnolóxica.

A mobilidade sostible aporta grandes beneficios para a sociedade, contribúe á descarbonización das cidades, mellora a saúde dos cidadáns e fomenta novas posibilidades de acceso á educación, saúde, traballo e lecer.

A mobilidade sostible busca garantir un equilibrio entre as necesidades de mobilidade, o benestar social e a mellora medio ambiental en Galicia.

O modelo de mobilidade sostible baséase nunha estrutura coñecida como a pirámide invertida da mobilidade.

Pirámide de mobilidade

Novo modelo de mobilidade

O novo modelo de mobilidade proposto para Galicia está enmarcado na consecución dos obxectivos globais que permitirán a implantación das medidas que a Estratexia Galega de Mobilidade propón alcanzar a 2050 e que serán revisados gradualmente.

Obxectivos globais

Todo isto, no contexto da loita contra o cambio climático e de acordo coa Estratexia Galega de Cambio Climático e Enerxía 2050, coas actuacións contempladas no actual marco estratéxico de clima e enerxía da Unión Europea para 2030 e cos compromisos contraídos no Acordo de París de 2015.

Linkedin