A Xunta inicia as obras de humanización das travesías das estradas autonómicas OU-104 e OU-101, en Maceda, que suporán un investimento de máis de 930.000 euros

Membro durante

1 ano 7 meses
Submitted by xestor on Xov, 13/04/2023 - 17:00
A Xunta inicia as obras de humanización das travesías das estradas autonómicas OU-104 e OU-101, en Maceda, que suporán un investimento de máis de 930.000 euros
Fotografía
Santiago de Compostela, 1 de abril de 2023
Linkedin

Renovarase o firme, repararanse as beirarrúas e renovaranse os servizos hidráulicos co obxectivo de mellorar a seguridade viaria e a accesibilidade destas vías ao seu paso polo núcleo do municipio

  • As obras en execución permitirán actuar en tres treitos diferenciados: no inicio da travesía da estrada OU-101; no final da mesma; e entre o cruzamento da estrada OU-104 coa OU-101, antes da rúa Fonte dous Caños e ata pasada a rúa do Cantón
  • As intervencións inclúen a renovación das conducións de abastecemento e saneamento municipal na zona de actuación no núcleo de Maceda

 

A Consellería de infraestruturas e Mobilidade vén de iniciar as obras de humanización das travesías das estradas autonómicas OU-104 e OU-101 ao seu paso polo núcleo de Maceda, que suporán un investimento da Xunta que ascende a 931.837 euros.

Estas obras comprenden a renovación do firme, a reparación de beirarrúas así como a renovación dos servizos hidráulicos afectados pola execución destas obras de mellora da seguridade viaria e da accesibilidade nestas vías autonómicas.

As obras en execución permitirán actuar en tres treitos diferenciados.

Así, os treitos 1 e 3 correspóndense co inicio e o final da travesía da estrada OU-101. Nestes tramos ampliaranse as beirarrúas existentes e substituirase o seu pavimento por unha soleira de formigón desactivado con áridos de tamaño reducido en ton albero, en consonancia coas fachadas das edificacións tradicionais.

Ambos os treitos estarán delimitados con bordos de granito, tamén albero, e renovarase a calzada con aglomerado asfáltico de 5 metros de ancho que permita o cruzamento de dous automóbiles.

O treito 2 correspóndese co tramo máis central da actuación, que comeza poucos metros despois do cruzamento da estrada OU-104 coa OU-101, antes da rúa Fonte dous Caños, e remata unha vez pasada a rúa do Cantón.

Este tramo conta coas principais prazas da zona vella de Maceda, nas que se desenvolve a feira, as festas e as principais actividades de lecer e relación da vila.

Neste treito as beirarrúas serán de pedra granítica do mesmo ton que as fachadas das vivendas tradicionais, albero, con bordo do mesmo material.

A calzada terá un único sentido, cun ancho de 3,5 metros, e executarase en aglomerado pulido para acadar unha mellor integración coa contorna.

En canto aos servizos afectados previamente ao inicio das obras, identificouse que as conducións de abastecemento existentes eran de fibrocemento e, polo tanto, non resistirían a execución das obras.

Deste xeito, para acometer esta actuación de humanización, levarase a cabo a renovación das conducións de abastecemento municipal, así como do saneamento.

En concreto, no marco desta intervención, retiraranse 1.298 metros de conducións de fibrocemento de abastecemento, que serán reemprazadas pola mesma lonxitude de conducións de polietileno.

Tamén se actuará na rede de saneamento municipal nesta zona, coa renovación de 1.038 metros de conducións, que pasarán a ser de PVC de diámetro de 315 mm.

A necesidade de coordinar a actuación coa renovación destes servizos e adaptar as intervención aos requirimentos establecidos pola Dirección Xeral de Patrimonio Cultural demorou o comezo dos traballos e incrementou o investimento ata máis de 930.000 €.