Sustentabilidade

Eixo 2
Sustentabilidade

O novo modelo de mobilidade proposto na Estratexia Galega de Mobilidade pretende reducir o uso do vehículo privado, predominante no modelo actual, a favor do uso de modos de transporte máis sustentables, para o que é necesario xerar un cambio no comportamento da poboación galega.

Para lograr este cambio tendencial dos modos, promoveranse actuacións que contribúan a diminuír a demanda de mobilidade da poboación galega, con medidas como o fomento do teletraballo, teleformación, ordenación do territorio, e implantar a mobilidade compartida como unha nova forma de moverse e seguir potenciando e favorecendo a intermodalidade cara a un maior uso do transporte público.

Obxectivos estratéxicos
Loitar contra o cambio climático
Protexer o medio ambiente e a saúde das persoas
Racionalizar o modelo territorial de mobilidade (diminuír a demanda, mobilidade activa, transporte público e descarbonización)
Liberar espazo público
Diminución da demanda de mobilidade
Subprogramas:
Diminución da demanda de mobilidade
Obxectivos operativos
  1. Diminución da demanda de mobilidade
Actuacións
Fomento do teletraballo
Fomento da teleformación
Fomento de servicios a distancia
Fomento de servizos e produtos de proximidade
Ordenación do territorio orientada a reducir a distancia das viaxes
Mobilidade compartida
Obxectivos operativos
  1. Mellora da gobernanza da mobilidade
  2. Coordinación da planificación en mobilidade
  3. Promoción da cultura da mobilidade sostible
Actuacións
Regulación favorecedora da mobilidade compartida
Fomento do uso de vehiculos de alta ocupación
Mobilidade activa
Subprogramas:
Mobilidade activa
Obxectivos operativos
  1. Promoción da cultura da mobilidade sostible
Actuacións
Sendas peonís e/ou ciclistas
Recomendacións de deseño de sendas peonís e/ou ciclistas
Fomento da adquisición de bicicletas
Aparcamentos seguros de bicicletas (e VMP)
Camiños escolares seguros
Transvase modal e intermodal
Subprogramas:
Transvase modal ao transporte público
Obxectivos operativos
  1. Fomento da intermodalidade
  2. Potenciación do uso do transporte público
Actuacións
Regulación e implantación das Zonas de Baixas Emisións
Regulación dos plans de transporte ao traballo
Estudos de mellora da infraestrutura ferroviaria
Mellora dos servizos ferroviarios rexionais
Estudo da mellora dos servizos de proximidade nas principais cidades
Estudo de viabilidade de implantación de transporte de ría noutras zonas de Galicia
Intermodalidade
Obxectivos operativos
  1. Fomento da intermodalidade
Actuacións
Estacións intermodais
Mellora das estacións de autobuses
Aparcadoiros disuasorios metropolitanos
Aparcadoiros disuasorios e fomento do vehículo compartido no rural
Estudo da posibilidade de mellora das conexións cos aeroportos a través do transporte público
Comercialización de billetes combinados de transporte público
Vehículos
Subprogramas:
Vehículos de baixas emisións (ecoincentivos)
Obxectivos operativos
  1. Descarbonización da mobilidade
  2. Renovación do parque de vehículos
Actuacións
Fomento da adquisición de vehículos de baixas emisións (particulares)
Fomento da adquisición de vehículos de baixas emisións (frotas)
Introdución de criterios ambientais na política de compra pública de vehículos
Ecoincentivos para o uso de vehículos de baixas emisións
Vantaxes para os vehículos de baixas emisións (aparcamento, acceso,…)
Fomento da instalación de puntos de recarga eléctrica en edificios e empresas
Rede de puntos de recarga rápida en estradas
Rede de puntos de recarga de oportunidade en centros de atracción e zonas de aparcamento
Apoio ao despregamento de subministración doutros sistemas de propulsión alternativos
Renovación de vehículos
Obxectivos operativos
  1. Descarbonización da mobilidade
  2. Renovación do parque de vehículos
Actuacións
Asesoramento a empresas para renovación de frotas
Calendario de renovación de frotas de transporte público (autobuses, taxis,...)
Mellora ambiental
Subprogramas:
Mellora do espazo público
Obxectivos operativos
  1. Priorización da mobilidade activa
  2. Potenciación do uso do transporte público
Actuacións
Redución do espazo urbano destinado á circulación de vehículos e rexeneración de espazos públicos
Redución do impacto ambiental
Obxectivos operativos
  1. Mantenimento adecuado das infraestruturas de transporte
Actuacións
Medidas de mitigación do ruído xerado polas infraestruturas de mobilidade
Integración do ruído entre os criterios para a definición de zonas de baixas emisións
Definición de criterios de proximidade en contratación pública para reducir emisións
Concienciación, educación e formación
Subprogramas:
Concienciación cidadá
Obxectivos operativos
  1. Promoción da cultura da mobilidade sostible
Actuacións
Estratexia de comunicación para o fomento da mobilidade sostible
Campañas de comunicación para a racionalización do modelo de mobilidade
Incorporación de conceptos de mobilidade sostible nas estratexias de seguridade viaria
Canles de recepción de suxerencias e comentarios da cidadanía sobre a mobilidade
Calculadora da pegada de carbono e do consumo enerxético
Educación e mellora do coñecemento
Obxectivos operativos
  1. Adaptación do sector do transporte e a mobilidade
Actuacións
Organización e participación en xornadas e proxectos relacionados coa mobilidade
Difusión do coñecemento xerado mediante unha política de datos de mobilidade abertos
Fomento da formación en materia de mobilidade
Apoio a proxectos emprendedores en materia de mobilidade
Adaptación do persoal
Obxectivos operativos
  1. Adaptación da Administración
  2. Adaptación do sector do transporte e a mobilidad
Actuacións
Formación de empregados en novos métodos de xestión da mobilidade