Recollida de datos

Recollida de datos

Para o deseño e redacción da Estratexia, desenvolveuse un intenso traballo que comezou coa análise das infraestruturas e servizos de transporte dentro de Galicia e co exterior, así como da súa intermodalidade.

Elaborouse un diagnóstico da situación actual da mobilidade en Galicia analizando todos os datos dispoñibles sobre o territorio, poboación, estrutura económica, necesidades da poboación e infraestruturas de transporte.

No estudo incorporáronse datos dos aforamentos de estradas, información sobre a demanda e hábitos de desprazamento con datos de usuarios do transporte público e outros modos de transporte incluíndo estatísticas ferroviarias, aeroportuarias e de transporte marítimo.

Este proxecto incorpora importantes ferramentas tecnolóxicas no análise de datos de telefonía móbil e programas de machine learning para o procesamento de datos Big Data que garante o tratamento anonimizado da información cumprindo toda a normativa vixente de protección de datos.

Procesáronse millóns de datos anonimizados de telefonía móbil dos cidadáns para coñecer a mobilidade diaria das persoas, coa cal se elaborou un modelo virtual de transportes de toda Galicia.

Linkedin