Visualización de resultados

Visualización de resultados

Unha vez recollidos todos os datos procedeuse ao seu procesamento para establecer unha modelización do sistema de transportes en distintos escenarios, grazas aos cales, puidéronse crear matrices de desprazamentos tipo para catro días tipo segundo a tempada inverno o verán.

A partir da información obtida realizouse a proxección destes datos que permitiu a visualización de resultados orixe/destino entre concellos de toda Galicia a través dun visor web baseado en GIS.

Todos os estudos e datos analizados permitiron ao equipo técnico multisectorial facer un exhaustivo diagnóstico da mobilidade para identificar melloras, establecer conclusións e deseñar propostas baseadas ás necesidades detectadas.

Visor GIS

Linkedin