A Xunta adxudica por 395.000 € as obras da nova pasarela peonil na estrada PO-244, na contorna do colexio Santiago Apóstol de Soutomaior

Membro durante

1 ano 7 meses
Submitted by xestor on Mar, 13/06/2023 - 13:56
A Xunta adxudica por 395.000 € as obras da nova pasarela peonil na estrada PO-244, na contorna do colexio Santiago Apóstol de Soutomaior

Mellorarase o itinerario de circulación peonil na vía autonómica, substituíndo a actual pasarela de madeira sobre pilotes do mesmo material, fincados no terraplén

Santiago de Compostela, 30 de maio de 2023
Linkedin

Construirase unha nova pasarela en plástico reciclado, cunha anchura de paso libre de 2 metros, cos seus correspondentes elementos de protección lateral, reforzando a circulación dos peóns de maneira segura

  • Ao final do tramo de pasarela actualmente hai unha zona con varanda de protección lateral de madeira, que será retirada, e instalarase o mesmo sistema de protección lateral unificando os elementos

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade adxudicou por 395.056 euros a execución das obras da nova pasarela peonil na estrada autonómica PO-244, situada nunha zona moi próxima ao colexio Santiago Apóstol, no concello de Soutomaior.

Os traballos para o acondicionamento deste itinerario peonil da PO-244, adxudicados á empresa Construcciones y Obras Taboada Ramos S.L.U., prevén iniciarse no verán e telos rematados no primeiro trimestre de 2024, xa que contan cun prazo de execución de 6 meses. 

Mediante este contrato acometeranse as intervencións necesarias para a reposición da pasarela de madeira situada na marxe dereita desta estrada, no tramo comprendido entres os puntos quilométricos 12+300 e 12+480. Actuarase no treito destinado á circulación peonil, formado por unha pasarela de madeira sobre pilotes do mesmo material, fincados no terraplén.  

A nova pasarela executarase en plástico reciclado, cunha anchura de paso libre de 2 metros, nos que se incluirán os correspondentes elementos de protección lateral, que disporán dunha altura de 1,10 metros. 

Na actualidade, nesta pasarela da estrada PO-244 o conxunto de madeira atópase bastante deteriorado, polo que se considera necesaria a substitución, de maneira que garanta a circulación dos peóns de xeito seguro.  

O plástico reciclado no que se executará a pasarela é un material que ofrece unha alta resistencia á humidade e á intemperie, non se astilla nin sofre degradación, permitindo un mantemento máis sinxelo e é de fácil instalación. 

Para realizar a instalación da nova pasarela procederase inicialmente ao fincado de pilotes sobre o terraplén existente.  

Os pilotes, que serán de plástico reciclado, terán unha lonxitude máxima de 6 metros e de 200 mm diámetro. En sentido lonxitudinal os soportes colocaranse cunha separación máxima de 2,50 metros. Ademais, para a correcta ancoraxe dos mesmos ao terreo, será necesario garantir unha profundidade mínima de fincado de cando menos 1,6 metros e 1/3 da lonxitude total do pilote. 

Para a finca dos pilotes traballarase desde a plataforma da estrada anexa á zona de actuación, a PO-244. Durante os traballos tratarase de minimizar a afección aos usuarios desta vía. 

Unha vez fincados os pilotes que servirán de apoio, colocarase a estrutura da pasarela. Tras a disposición da pasarela instalaranse os elementos laterais de protección, cunha varanda superior de pezas de sección cadrada, ancorada en postes de perfil de sección cadrada de e de 1,25 m de altura. 

Ao final do tramo de pasarela hai actualmente unha zona con varanda de protección lateral de madeira, que será retirada, e instalarase o mesmo sistema de protección lateral que na pasarela, de modo que se unifiquen os elementos da zona.

A Xunta continúa traballando na mellora da rede viaria autonómica co fin de proporcionarlles aos cidadáns unhas estradas cómodas e seguras.