A Xunta conectará desde mañá Lalín coa parroquia de Zobra coa ampliación da liña de autobús compartido IES Laxeiro-Lodeirón

Membro durante

1 ano 7 meses
Submitted by xestor on Ven, 14/04/2023 - 08:14
A Xunta conectará desde mañá Lalín coa parroquia de Zobra coa ampliación da liña de autobús compartido IES Laxeiro-Lodeirón

A ruta do IES Laxeiro incorporará catro paradas novas ao seu itinerario e finalizará o percorrido no núcleo de Zobra

Santiago de Compostela, 11 de abril de 2023
Linkedin

O servizo funcionará de luns a venres, con saída de Zobra cara a Lalín ás 07,30 horas e chegada ás 08,30; e desde o IES Laxeiro ás 14,35, con chegada a Zobra ás 15,35 horas

 

  • Este servizo tamén funcionará en tempada non lectiva a través da modalidade de transporte baixo demanda

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade conectará desde mañá Lalín coa parroquia da Zobra a través da ampliación da liña de autobús compartido que vai do IES Laxeiro a Lodeirón.

A adaptación consiste na modificación do itinerario da actual liña de autobús compartido IES Laxeiro-Lodeirón-Bustelo, eliminando esta última parada, que pasa a ser atendida no marco da liña Os Carballiños–Bustelo.

A liña procedente do IES Laxeiro modificará o seu actual trazado en Lodeirón, desde onde continuará con catro novas paradas: O Casteliño, Gondoriz Grande, Moa e Zobra. Estes cambios porán á disposición dos veciños de Zobra un servizo de autobús directo a Lalín.

Con estas medidas, a parroquia de Zobra disporá de conexión directa a través dun servizo de autobús compartido que funcionará en tempada lectiva de luns a venres, con horario de saída desde Zobra cara a Lalín ás 07,30 horas e chegada ás 08,30 horas; e desde o IES Laxeiro ás 14,35, con chegada a Zobra ás 15,35 horas.

Cómpre sinalar que en tempada non lectiva o servizo funcionará baixo demanda, polo que os usuarios poderán reservar a súa praza a través do teléfono 988 68 78 00 de 08,00 horas a 19,00 horas, en días laborables. Esta reserva debe facerse antes das 20,00 horas do día laborable anterior no que se vaia a viaxar.

A información relativa aos novos servizos estará dispoñible para a súa consulta na páxina web www.bus.gal.