A Xunta inicia as obras que culminarán a humanización da travesía da OU-154 no Reino, en Piñor, cun investimento de preto de 300.000 €

Membro durante

1 ano 7 meses
Submitted by xestor on Mar, 13/06/2023 - 14:33
A Xunta inicia as obras que culminarán a humanización da travesía da OU-154 no Reino, en Piñor, cun investimento de preto de 300.000 €
  • No tramo entre os puntos 1+723 e 1+740, coincidente co cruce do Camiño de Santiago, disporase unha plataforma sobreelevada, quedando a calzada ao mesmo nivel que a beirarrúa
  • Disporase nova rede de alumeado público con luminarias de tecnoloxía led para unha mellora da eficiencia enerxética
Fotografía
Santiago de Compostela, 25 de maio de 2023
Linkedin

Os traballos desenvólvense en dous treitos da OU-154 que suman unha lonxitude de 500 metros, realizando unha rehabilitación completa do firme da calzada

A Xunta vén de comezar as obras que culminarán a humanización da travesía da estrada autonómica OU-154 no Reino, no concello de Piñor, e que supoñen un investimento de preto de 300.000€. 

Esta nova intervención, cun prazo de execución de 3 meses, desenvólvese en dous treitos da OU-154 que suman 500 metros de lonxitude: entre os puntos quilométricos 1+450 e 1+741; e do 2+025 ao 2+235, ao paso polo núcleo do Reino.  

As obras consisten na humanización deste tramo, incluíndo o soterramento das redes aéreas de electricidade, iluminación pública e telecomunicacións. 

Os traballos comezaron polas demolicións, da beirarrúa e de parte da calzada, que se repoñerán mellorando a accesibilidade e a sección de firme afectada. Posteriormente realizarase unha rehabilitación superficial completa do firme da calzada. 

No treito entre os puntos 1+686 e o 1+723 elevarase a beirarrúa sobre a plataforma da estrada, manténdose no mesmo nivel no resto desa zona.  

Ademais, entre os puntos 1+723 e 1+740, coincidindo co cruce do Camiño de Santiago, disporase unha plataforma sobreelevada, quedando a calzada ao mesmo nivel que a beirarrúa.  

Tamén se disporá unha nova rede de alumeado público con luminarias de tecnoloxía led para unha mellora da eficiencia enerxética.  

Os traballos completaranse coa reposición da sinalización horizontal e vertical afectada e a colocación de nova sinalización.

Esta intervención completará a remodelación xa executada no treito situado entre os quilómetros 1+741 e 2+025 para protexer a circulación dos peóns e rehabilitar o firme, que supuxo un investimento autonómico de 160.000 euros.