A Xunta remata 2 novas sendas na estrada OU-536 ao paso por Santa Baia e As Vendas, nos concellos do Pereiro de Aguiar e de Esgos, cun investimento de 1,1 M€

Membro durante

1 ano 7 meses
Submitted by xestor on Mar, 13/06/2023 - 14:15
A Xunta remata 2 novas sendas na estrada OU-536 ao paso por Santa Baia e As Vendas, nos concellos do Pereiro de Aguiar e de Esgos, cun investimento de 1,1 M€

Trátase de dous itinerarios que suman 3 km de lonxitude e teñen como obxectivo facilitar uns desprazamentos a pé máis seguros e cómodos

Fotografía
Santiago de Compostela, 26 de maio de 2023
Linkedin

O itinerario das Vendas comeza no cruce de Ordelles e transcorre integramente polo concello de Esgos ata rematar no acceso á Cabalgada
 

A Xunta vén de rematar dúas novas sendas peonís na estrada OU-536, ao seu paso por Santa Baia e As Vendas, nos concellos do Pereiro de Aguiar e de Esgos, cun investimento de 1,1 M€.

Trátase de dous treitos de senda pola marxe esquerda da estrada OU-536, que suman 3 km de lonxitude, e teñen o obxectivo de dotar dunha maior seguridade aos viandantes e puntualmente aos usuarios de bicicleta non deportivos.

As novas sendas teñen un ancho mínimo variable de 2 metros, van separadas da estrada por diferentes elementos e teñen pavimento en formigón coloreado, para atender as necesidades das persoas con mobilidade reducida e ofrecer unha adecuada integración estética.

O primeiro eixe, en Santa Baia, discorre polo concello do Pereiro de Aguiar e iníciase no punto quilométrico 8+800, na glorieta da OU-536, e finaliza no 11+050. Entre os puntos quilométricos 9+220 e 9+520 redúcense os carrís de circulación a 3 metros de ancho para dar cabida á senda sen afectar a un muro existente, protexido desde o punto de vista do patrimonio cultural.

O segundo eixe, que é o treito das Vendas, comeza no límite entre os concellos de Esgos e do Pereiro de Aguiar, no punto quilométrico 11+950, no cruce de Ordelles, e transcorre integramente polo concello de Esgos ata rematar no punto 12+740, no acceso á Cabalgada.

Estas intervencións enmárcanse no Plan de sendas da comarca de Ourense, que recolle un investimento de 7,1 M€ en 16 km de novos itinerarios.